Sunday 05 de May de 2024

A Noite Velada volveu a encher de luz o campo do río de Ponte Ledesma en Boqueixón


O campo do río de Ponte Ledesma encheuse de luz este venres, acollendo a máis de 200 persoas, na Noite Velada de Boqueixón. Os veciños e veciñas do municipio non quixeron perderse este data, pese as inclemencias do tempo.

Nesta quinta edición e baixo unha carpa, a veciñanza desfrutou da música en directo dos grupos Son de Galicia e Habelas Hainas.

Durante todo o evento, as persoas asistentes respectaron os protocolos de seguridade, levando a mascara durante todo o evento, mantendo a distancia interpersoal e utilizando hidroxel nas mans.